xosé tomás
  • Home
  • ILUSTRACIÓN
  • COMIC
  • MULTIMEDIA
  • VARIOS
  • BIOGRAFÍA
  • BLOG
  • CONTACTO
  • "NÓMADES"
Diferentes momentos das PRESENTACIÓNS de "Nómades"

As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que “non preguntan”; mulleres que adquiren unha cualificación profesional e académica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal; e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e indefensión. NÓMADES é unha homenaxe ás pequenas historias íntimas, as que son, en realidade, mundos complexos para quen as vive. E trátase dunha historia que ten fe na superación persoal, posto que comeza cunha travesía pola morte, e remata coa redención humana. Nawal, que pecha o círculo da vida da súa familia e da propia obra, é o que finalmente queda no padal: o regusto pola esperanza, nun mundo no que a palabra “estranxeiro” é universal.

Create a free website with Weebly